{"product_id":"microbios-e-outros-paquidermos","title":"Microbios e outros paquidermos","description":"\u003cp\u003e Nesta quinta edición, o premio de narrativa breve organizado pola Fundación Repsol en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, e publicado por Editorial Galaxia, outorgouse a unha obra na que reúne máis dun cento de relatos-lóstrego nos que se reflicte a fascinación do autor por procurar un máximo efecto a partir dunha estrutura fugaz que permite abrollar a ironía e o sentido do humor. O libro premiado, que parte dunha concepción narrativa unitaria e coherente, segundo o autor é \"un libro para pensar, pois ao traballar cun texto reducido, é o lector quen ten que pechar o círculo que o relato abre. A participación do lector é definitiva nos meus textos\". Microbios e outros paquidermos é un bosque de bonsais, un labirinto de espellos polo que demabula Van Gogh, o contemplativo Hioshiro, Saib, Salman o faquir, algún felino, un embalsamador, a princesa e o sapo, unha serpe de Sonora, os comedores de palabras ... e todas as contradicións dos nosos días. Coas palabras xustas e coa axuda implícita do lector, debúxase un camiño de formigas e robinsóns procurando que os desvalidos microbios se transformen en paquidermos na selva do pensamento. Libro de narrativa no que se cuestionan as fronteiras xenéricas e no que os recursos literarios proveñen de xéneros e referencias diversos. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 136\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2011.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Díaz-Castroverde Gómez, Fernando \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498654066 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 218602\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47272130511172,"sku":"9788498654066","price":15.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849865406.jpg?v=1739702286","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/microbios-e-outros-paquidermos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}