{"product_id":"merlin-e-familia","title":"Merlín e familia","description":"\u003cp\u003e Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián;pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo. Un universo único na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta novela, que desde o momento da súa publicación supuxo un fito no tocante á renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, adobiada dun fino sesgo humorístico, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas:\u003c\/strong\u003e 144\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e  Cunqueiro, Álvaro \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEAN:\u003c\/strong\u003e  9788482886374 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCódigo interno:\u003c\/strong\u003e 35057\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47241861333316,"sku":"9788482886374","price":16.55,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848288637.jpg?v=1748593542","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/merlin-e-familia","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}