{"product_id":"memorias-dunha-vaca-marela","title":"MEMORIAS DUNHA VACA MARELA","description":"\u003cp\u003e \"Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota...\". Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida. Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia a explotación industrial. Desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica;desde o pacer no monte, a aparición do pastor eléctrico e a estar todo o día estabuladas;desde a chegada das vacas pintas, á desaparición das vacas marelas. \"Eu son a única vaca marela, a única vaca da casa que queda no lugar de Lucenza\". E A Cachorra cóntao todo con ollos que o viron e sabiduría de telo vivido. Desde os anos que se facían cartos vendendo o leite á ruína dos gandeiros e o peche continuo das granxas. Nesta historia inventada, pero tremendamente real, descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas. Coa mestría de narrador singular que é Afonso Eiré, de quen coñece do que fala e sabe contalo para enchernos de lembranzas. Tamén nos alporiza e nos enche de carraxe... Ou nos fai soltar unha gargallada. A vida mesma, os amos retratados por unha vaca!. A Cachorra fálanos dun tempo que foi e dun tempo que pasa. Memorias dunha vaca marela: o libro que as lectoras e lectores estaban agardando e que nunca esquecerán, pois ollaranse nel, dun xeito ou doutro, retratados. Deixouno escrito Castelao: \"O día que saibamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida\". \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 240\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2018.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  HERCULES EDICIONES \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Eiré, Afonso \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788494861918 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 606737\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47482618577220,"sku":"9788494861918","price":17.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849486191.jpg?v=1740089872","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/memorias-dunha-vaca-marela","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}