{"product_id":"memorias-dun-exgalego","title":"Memorias dun exgalego","description":"\u003cp\u003e Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín\\\". Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación do autoodio: despreza as súas orixes, a súa terra e a súa clase social. Odia a súa deforme nai, o seu fracasado pai, o seu beato irmán, a súa rancorosa avoa e o seu inútil único amigo. Odia o cheiro da súa vila mariñeira, odia os seus veciños pailáns e odia a súa rústica lingua. Cre que a vida lle ten preparado algo mellor que a mediocridade que o rodea, que a súa beleza e o seu intelecto merecen algo máis, polo que o seu único obxectivo é marchar e romper para sempre cos vínculos que o atan ao lugar e ás persoas que o viron nacer. Ninguén o deterá no seu camiño ao \\\"éxito\\\".Nesta novela acompañamos a Anxo na súa fuxida das orixes e asistimos abraiados e, en moitas ocasións, mortos de risa, ao seu fulgurante ascenso ao máis baixo. Vantaxista, disoluto, libertino e tamén ruín, perverso e depravado son algúns dos adxectivos que adornan este odiador que, de xeito descarnado e hilarante, nos narra a súa vida. En certos momentos quizais nos lembre, por razóns moi diversas, outros personaxes literarios como Ignatius J. Reilly de A conxura dos necios ou Adrián Solovio de Arredor de si. Unha novela picaresca que nos atrapará coa súa hábil construción de caracteres e co seu trepidante ritmo cinematográfico. Atención ao inesquecible final. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 294\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Josiño Araújo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484875505 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 778641\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54340237164868,"sku":"9788484875505","price":21.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487550.jpg?v=1740500273","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/memorias-dun-exgalego","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}