{"product_id":"melodias-galegas-de-jose-baldomir-rodriguez","title":"MELODIAS GALEGAS DE JOSÉ BALDOMIR RODRÍGUEZ","description":"\u003cp\u003e A través da presente publicación o Consello da Cultura Galega intenta achegarnos a un dos mellores músicos da nosa contemporaneidade. Ata o momento non existía unha biografía tan ampla de José Baldomir e menos un estudo completo da súa obra. Margarita Viso fai unha investigación exhaustiva presentando neste libro en orde cronolóxica os datos xa coñecidos e os extraídos de arquivos e das hemerotecas dixitais, tratando de tecer algunhas consideracións de diversa índole acerca da vida e da obra do compositor.  Coméntanse todas as obras de Baldomir localizadas hoxe en día, se ben esta publicación céntrase nas melodías galegas, xénero que el levou ao máximo nivel artístico e que alcanzaron unha difusión universal na súa época, perdurando na memoria colectiva a través do tempo. Esta transcendencia, xunto coa doutras obras como Negra Sombra de Montes, Un adiós a Mariquiña e Cantiga de Chané ou a Alborada de Veiga, entre unha infinidade de títulos máis, fai delas o emblema musical de Galicia. Esta foi a razón principal que conduciu á autora, como ela mesma explica nestas páxinas, a centrar esta edición nas súas melodías galegas exclusivamente. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 231\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2018.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  CONSELLO CULTURA GALEGA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Viso Soto, Margarita \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788492923915 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 644385\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54314107765060,"sku":"9788492923915","price":18.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849292391.jpg?v=1740181990","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/melodias-galegas-de-jose-baldomir-rodriguez","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}