{"product_id":"manuel-antonio-de-catro-a-catro","title":"MANUEL-ANTONIO. DE CATRO A CATRO","description":"\u003cp\u003e A fascinación desatada pola figura de Manoel Antonio converteunoen autor moito máis admirado do que lido. Nonsorprende: cos textos de vangarda, as características da súalinguaxe fan necesario un traballo de explicación e análisepara o lector poder realizar con eles un triplo proceso: ler,sentir e pensar. Non outra cousa significa a lectura, cabalmenteentendida. A orixinalidade deste volume consiste enfacer accesíbel, intelixíbel e apaixonante un texto que arrastraunha infeliz reputación de difícil, até tornar evidente porque De catro a catro constitúe unha das obras maiores davangarda peninsular no S. XX. A tal fin, son percorridos osdezanove poemas do libro e esa obstinada circunnavegacióné complementada con achegas de carácter máis ensaísticopara arredondar a interpretación e permitir un xogo de ida evolta entre a análise dos textos e a reflexión sobre o literariogalego, o lugar nel de Manoel Antonio, ou a sutil forma enque vampiriza a estética das vangardas históricas. Por tanto,este libro querería ser útil para os amantes da literatura, osprofesionais do ensino, os investigadores e, en xeral, todosos que queiran viaxar até o ámago da experiencia literaria enque o rianxeiro esgotou a súa vida para nos deixar un legadode inconmensurábel abertura. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 352\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Manuel Castelao \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484874133 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 619131\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54310481101124,"sku":"9788484874133","price":30.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487413.jpg?v=1740134737","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/manuel-antonio-de-catro-a-catro","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}