{"product_id":"luis-soto","title":"Luís Soto","description":"\u003cp\u003e Luís Soto é apenas un descoñecido para a maioría da sociedade galega e con el vai parte do noso pasado. Esta obra afonda na súa vida e no seu tempo: o sindicalismo da ATEO e o PCE na II República, Castelao e a UXT na Guerra Civil;a Comisión Galega do PCE e a Internacional do Ensino na posguerra;o Consello de Galiza e a JSUN;o Padroado da Cultura Galega e Vieiros no exilio;a fundación da UPG, a súa teoría e pensamento;a crise do 76 na UPG e o nacemento do PGP. En todo isto, Luís Soto foi parte protagonista. O autor acudiu ao fondo Luís Soto (no Arquivo Histórico Provincial de Ourense), practicamente inédito, para realizar unha biografía que se botaba en falta. Xurxo Martínez González incorpora ao libro nova documentación sobre o exilio, o nacionalismo ou a revista Vieiros. Outros arquivos, co descubrimento de novos papeis, completaron unha obra necesaria para comprendermos mellor a esquerda, o exilio en México, a cultura e o nacionalismo galegos. Unha peza imprescindible para encaixar a historia máis recente. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 264\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2011.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Martínez González, Xurxo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499143149 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 216720\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54269649813828,"sku":"9788499143149","price":20.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849914314.jpg?v=1739701299","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/luis-soto","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}