{"product_id":"luces-da-costa-da-morte","title":"Luces da Costa da Morte","description":"\u003cp\u003e Unha colección de postais de faros con poemas do mar ou viceversa? O que tes nas mans é moito máis. É un artefacto poético e visual que emerxeu das augas da Costa da Morte, onde vive o seu autor, o artista oceánico Xosé Iglesias. Páxina a páxina, funde o misterio máxico da fin do mundo coa beleza directa e salvaxe do mar. Combina, así, a súa paixón pola poesía, pola pintura e por ese universo mergullado que navega a diario, por ese mundo feito de sal, vento e sol, e habitado polas súas criaturas icónicas: baleas, candorcas, delfíns... Un obxecto con múltiples usos. Agasallalo completo ou por partes, gozar dos seus versos e ilustracións ou enviar as imaxes dos faros da Costa da Morte dunha punta a outra do mundo. Cada faro conta con dous elementos: a tarxeta postal por unha banda e, pola outra, un poema no que, ademais, poderemos anotar a persoa á que lle enviamos a postal. Sexa cal sexa a finalidade que lle deamos, é un auténtico tesouro que nos fará sentir o amor que o artista profesa polo mar, por ese universo que non podemos deixar morrer. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 56\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2022.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  BULULU \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Iglesias, Xosé \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788418667428 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 818182\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54368003948868,"sku":"9788418667428","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841866742.jpg?v=1740774707","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/luces-da-costa-da-morte","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}