{"product_id":"loxica-da-descuberta-cientifica-karl-popper","title":"Loxica Da Descuberta Cientifica (Karl Popper)","description":"\u003cp\u003e En palabras do seu propio autor, A lóxica da descuberta científica pretendía proporcionar unha teoría do coñecemento e, ao mesmo tempo, ser un tratado sobre o método -o método da ciencia-. Iso é o que pretendía ser e iso é o que é: un dos tratados de metodoloxía da ciencia máis relevantes, se non o máis relevante, de todos cantos se escribiron no século XX. Non se trata dun manual de metodoloxía da ciencia e teoría do coñecemento, senón dun tratado, dunha presentación e defensa da epistemoloxía e filosofía da ciencia derivadas da posición específica do autor. Karl Popper é, sen dúbida, unha das figuras máis representativas da filosofía da ciencia do século XX. A súa produción filosófica foi extensa e non cesou ata os últimos anos da súa vida. The Logic of Scientific Discovery (1959), a versión inglesa corrixida e aumentada da súa Logik der Forschung (1934), é a súa obra epistemolóxica fundamental. Nela atópanse xa formulados os dous piares do seu pensamento: o rexeitamento da indución e a proposta da falsificación como criterio de cientificidade. Ambos principios impregnan o seu xeito de entender non só a ciencia senón tamén a sociedade e a política, e están, así, detrás da súa crítica do esencialismo dogmático e da súa clara e decidida aposta polo democracia. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 670\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2012.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Popper, Karl \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498879094 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47283704725828,"sku":"453671","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849887909.jpg?v=1698619392","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/loxica-da-descuberta-cientifica-karl-popper","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}