{"product_id":"lourizan","title":"Lourizán","description":"\u003cp\u003e O Pazo de Lourizán representa unha historia de esplendor e ao mesmo tempo de abandono. A comezos do século xx Eugenio Montero Ríos, presidente do consello de ministros en 1905, durante o reinado de Alfonso XIII, encargou ao arquitecto Jenaro de la Fuente a construción do actual pazo para a súa residencia de verán. Nos seu cuartos, hospedáronse persoeiros da política e cultura do país. Alí firmouse o Tratado de París, onde se cederon as derradeiras colonias do imperio español. O feito marcaría un período de crise, que semellaba o futuro declive do pazo. Co tempo, a finca foise ampliando e reformando ata se converter nun fermoso xardín declarado Ben de Interese Cultural. Nel crecen moitas das especies vexetais senlleiras de Galiza da man do Centro de Investigación Forestal. Porén, o edificio modernista non correu a mesma sorte que o Xardín Botánico: hoxe érguese fachendoso pero cun poso de soidade. Montero Ríos puxo no mapa as parroquias de Praceres e Lourizán, trocándoas nun destino de lecer para toda a comunidade. Os marabillosos areais e a riqueza marisqueira e paisaxística do lugar sufriu, no ano 1958, a imposición franquista de reencher a baía e instalar a coñecida \"celulosa\" de Pontevedra, unha tacha medioambiental que é difícil de defender polos poucos réditos obtidos en comparación co que se perdeu e aínda se está a perder. A pantasma de Lourizán retrata a dúas voces o presente e o pasado do pazo e xardíns de Lourizán. A veciñanza aproveita a casa de baños no areal de Praceres na tempada de verán, a conversa en boca de todos é a inminente visita real á vila pontevedresa. Mentres, persoeiros da política e xentes da alta sociedade frecuentan o pazo e mesmo gozan da paisaxe e dun entorno espectacular, pero un feito inesperado racha coa rutina estival... Alberto Vilaboa \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 1\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  ELVIRA EDITORIAL \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Varela, María \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788412800616 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 927848\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54396381233476,"sku":"9788412800616","price":11.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841280061.jpg?v=1741158225","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/lourizan","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}