{"product_id":"loaira","title":"Loaira","description":"\u003cp\u003e Laiovento orgúllase de publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S. XX, en que Anxo A. Rei Ballesteros traballou durante dez anos até a dar á luz en 1992. Queremos contribuír así para que texto tan sinalado encontre novos lectores e reciba o recoñecemento que merece. É unha novela radicalmente política e unha apaixonante historia de amor (como enerxía comunicante que transborda as fronteiras entre todos os seres), tamén do amor á Galiza, no seu tratamento da forma en que vivimos ou non damos vivido a vibración do ser comunitario. Escrita nunha prosa espléndida, o Anxo sabe preservar a emoción, unir harmonicamente a comedia e a traxedia e difundir humor ás carradas. Esta Loaira, gobernada polo máis inabalábel respecto ao texto orixinal, corrixe as numerosísimas grallas que tanto desluciron a primeira edición e suxire en coherencia co espírito antiautoritario (contra o Autor coactivo) do Ballesteros unha orde de lectura dos capítulos alternativa, a cal torna un texto tradicionalmente considerado difícil nunha novela fascinante, a mellor recreación artística do mundo estudantil de Santiago de Compostela nos inesquecíbeis anos do tardofranquismo e memoria viva das súas pulsións máis imperecedoiras, nomeadamente, a emancipadora esixencia de mudar a vida. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 488\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO, S.L. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Rei Ballesteros, Anxo A. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484876298 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 968591\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54386310840644,"sku":"9788484876298","price":29.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487629.jpg?v=1741648322","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/loaira","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}