{"product_id":"lingua-e-futuro","title":"Lingua e futuro","description":"\u003cp\u003e Este volume recolle dez artigos ligados entre si polo obxectivo central de ofrecer alternativas actuais á situación da lingua galega na actualidade.Mergullándose na complexidade da situación sociolingüística actual, as autoras e os autores dos textos que se inclúen nesta obra colectiva achegan as súas interpretacións reparando nos matices e fuxindo de descricións monolíticas e simplistas. O público lector achará, pois, nestas contribucións discursos heteroxéneos que conflúen na necesidade tanto de preservar o galego como lingua propia e principal deste país como de denunciar o asasinato das linguas como máis unha ferramenta de opresión e de dominación.Nesta liña, as páxinas deste volume pretenden coadxuvar a reverter a situación actual da lingua galega e obrigarnos a reflexionar criticamente sobre os camiños que debemos tripar. A perspectiva adoptada é fundamentalmente sincrónica, na procura de dar solucións e alternativas pensando e situándose no aquí e no agora desta conxuntura particular. Con todo, sendo a defensa do galego o centro da obra, a ollada que se deita ten como protagonista principal a diversidade lingüística e o convencemento de preservarmos, a través do seu mantemento, as diferentes maneiras de ver o mundo que constitúen unha riqueza substancial para a Terra e para os seres que a habitamos. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 276\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Goretti Sanmartín \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484875734 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 806443\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54365847257412,"sku":"9788484875734","price":18.93,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487573.jpg?v=1740754724","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/lingua-e-futuro","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}