{"product_id":"laxeiro","title":"Laxeiro","description":"\u003cp\u003e Se Xosé Otero Abeledo é o corpo, Laxeiro é a alma, ou como el mesmo decía o seu eu, a súa esencia, o motor desa máquina que era o seu corpo. O que deixou de ser pseudónimo para converterse en nome, tomouno da sús avoa A Laxeira, coñecida así por ser do lugar da Laxe, aínda que, no seu mundo fabulador e fantástico, o artista contaba que llo dera o Naranxo, un personaxe mítico habitante do Marquesado de Romeá, que o bautizou con tal nome cunha das laxes tan abundantes nas terras do Deza. Desas mesmas laxes tomou Laxeiro o se estilo máis persoal e irrepetible, a chamada estética do granito, coa que continuaba a tradición pétrea dos canteiros medievais barrocos, plasmada nesta ocasión na arte do debuxo e da pintura. Debuxante e pintor, pois no concebía a pintura sen o debuxo, creou un universo propio formado por uns personaxes carnavalescos, mitolóxicos, fantásticos, ás veces incluso deformados, aínda que non esqueceu as representacións de rotundas maternidades e de retratos, nos que a personalidade do retratado parece saír do lenzo ou do papel, sen esquecer os seus autorretratos e os debuxos que realizaba nun mantel, nun anaco de pepel ou donde puidese. A súa vida transcorreu en Lalín e en Vigo, agás os períodos pasados en Madrid e Pontevedra, os seus anos de inmigrante na Habana coa súa familia e os anos pasados en Arxentina, no seu autoexilio artístico, onde se converteu nun activo membro da comunidade galega alí residente. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 64\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2008.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  IR INDO \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Ameneiro, Maria Celia \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788476806166 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47274403397956,"sku":"265105","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978847680616.jpg?v=1698450278","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/laxeiro","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}