{"product_id":"laura-no-deserto","title":"Laura no deserto","description":"\u003cp\u003e Premio da Crítica Española 2011 de narrativa en lingua galega Premio AELG 2012 de narrativa GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false});GBS_setLanguage('es');GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN:978-84-9865-395-3');Compostela, Barcelona, Europa durante a Segunda Guerra Mundial, Nova York a fins do século XX, son os escenarios dunha obra narrativa que ergue un sólido universo e entra na alma dos personaxes para nos falar cunha voz intensa sobre a identidade, a culpa, o amor ou a liberdade. A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se descobre un pasado familiar ata daquela agochado;a dos últimos días da vida dun intelectual en Compostela, que lega ao seu fillo un enigma aínda non resolto;os intentos de Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, por salvar a Bernie, un amigo que probou o suicidio, e a historia do destino ignoto dunha muller que se debate por conservar os últimos gromos da memoria. Velaquí unha trama na que a resolución das liñas narrativas lle pide tamén ao lector ou lectora un posicionamento perante o narrado que o ha implicar ineludiblemente na novela. Escrita co característico estilo preciso e envolvente de Riveiro Coello, Laura no deserto é unha das grandes achegas narrativas da novela galega contemporánea. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 732\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2011.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Riveiro Coello, Antón \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498653953 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 217047\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47272073527620,"sku":"9788498653953","price":28.75,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849865395.jpg?v=1739701495","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/laura-no-deserto","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}