{"product_id":"intramundi","title":"Intramundi","description":"\u003cp\u003e O pobo de Tras da Corda emerxe en menos de cincuenta anos dende a Idade media ata o século XX, entre as tensións da República, a brutalidade da Guerra Civil e a represión da dictadura. Anxo Xesto vislumbrou a miragre en 1928, cando concebiu unha estrada que puxera remate a tanto illamento e atraso. Unha idea que non sería doado pór en marcha. Tiña na súa contra ao poderoso cacique don Nazario, que non admitía cambio ningún nos seus dominios, e ao mozo comunista Aníbal Coronas, teimudo con facer a revolución. Só Dolores Teixeiro e outros veciños compartían o soño de Anxo Xesto. O enfrontamento entre todos estes pesonaxes e as súas concepcións do mundo constitúe o eixo argumental de Intramundi, a nova novela de Carlos G. Reigosa, un fermoso mosaico de voces, ambicións e sentimentos. Carlos G. Reigosa desvela así unha parte do noso pasado, agochado nos pregues montañosos de Tras da Corda de irresistible atractivo pola cantidade dos seus tesouros.Para Alfredo Bryce Echenique: \"Intramundi é sen dúbida a novela de Carlos González Reigosa en que máis profundidade alcanza a gran habilidade deste autor para trasladarnos constantemente máis aló dos feitos e palabras dos que é responsable un personaxe ó longo de toda a súa vida. Chámense Anxo Xesto, o pragmático;Saúl Centeo, o idealista;Dolores Teixeiro, a sensual e paciente amante;Xosé Trabada, o eterno cura, ou Don Nazario, o poderoso cacique, os habitantes de Tras da Corda percorren durante catro décadas da España republicana e franquista o desacougante camiño que os leva da luz ás tebras, da convicción á dúbida e da lóxica ó desatino. Contradictorios, incoherentes, poboados por todos os seres que poden habitar nun mesmo ser, entrelazados fatalmente nas múltiples historias que compoñen esta novela, os personaxes de Intramundi pertencen á saga dos grandes nomes da novela clásica, aqueles que o lector seguirá sempre con profunda inquietude desde o nacemento ata a desembocadura do río das súas vidas. E das nosas\" \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 312\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2002.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Reigosa, Carlos G. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788483029220 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242885693764,"sku":"88696","price":23.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978848302922.jpg?v=1697826327","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/intramundi","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}