
Inmateriais
Suso de Toro recolle en Inmateriais trinta narracións de vidas de galegos e galegas, de persoas que foron elixidas polo autor, tal e como explica no limiar, por seren «figuras que me interesaron ou nas que vin representadas as capacidades das persoas nacidas neste país, os dilemas que se lles presentaron ante as circunstancias que viviu a Galiza no momento histórico que lles tocou vivir e tamén as posibilidades que se ofrecían en cada momento». Os textos de Inmateriais, armados coa recoñecida calidade literaria de Suso de Toro, achegan datos que permiten entrever as motivacións, os dilemas, os éxitos e fracasos das vidas destes homes e mulleres que influíron decisivamente no noso devir colectivo e encetan un particular debate sobre o que foi, o que puido ser e mais o que pode ser o noso país. Diego Xelmírez, Concepción Arenal, Antolín Faraldo, Rosalía de Castro, Pablo Iglesias, Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Castelao, Maruja Mallo, Carlos Velo, Gonzalo Torrente Ballester ou José Suárez, entre outras figuras, conforman este pequeno tesouro biográfico que o autor define como un «acto de rebelión contra a historia que nos contaron, contra o que nos dixeron que eramos e tamén o que podiamos ser».
Número de páginas: 140
Año de edición: 2013.0
Editorial: XERAIS
Idioma: GLG
Autor: Toro, Suso de
EAN: 9788499145020
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
