{"product_id":"illa-decepcion","title":"Illa decepción","description":"\u003cp\u003e PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2020 ¿Que queda de nós nas casas onde vivimos noutro tempo? Se algo permanece nelas, ¿pódese acceder a aqueles momentos, ás sensacións idas? A protagonista desta novela expándese en dúas direccións aparentemente opostas: a do vencello cotián co seu fillo durante o confinamento e a do resto daquela nena que aínda perdura na súa imaxinación. Así, movida por un soño, máis de vinte anos despois de abandonalo, decide presentarse no apartamento onde viviu coa súa familia durante a nenez e a adolescencia. Cunha voz inconfundible, penetrante, orixinal e ao tempo case delicada, Berta Dávila narra a historia dunha memoria que rescata o presente. Para conseguir xuntalo cun pasado vívido, cálido, ao que se pode viaxar por medio da literatura. Illa Decepción devolve á novela o seu poder de convicción, a súa forza para unir a quen escribe e a quen le. Narradora e lectora, imaxinación e vida. Unha obra singular, única, que prende na memoria e que a lectura fai propia, persoal, de todo o mundo. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 148\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2020.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Dávila, Berta \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491515593 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 729773\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54324867629380,"sku":"9788491515593","price":16.75,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849151559.jpg?v=1740351045","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/illa-decepcion","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}