{"product_id":"ideoloxia-e-autonomia-no-campo-lterario-galego","title":"IDEOLOXÍA E AUTONOMÍA NO CAMPO LTERARIO GALEGO","description":"\u003cp\u003e Título: IDEOLOXÍA E AUTONOMÍA NO CAMPO LITERARIO GALEGOAutor: ANTÓN FIGUEROA LORENZANANo rexurdimento da cultura galega a arte naceu con responsabilidades políticas. Xusto cando en Europa o autor, os artistas, comezaban a se liberar definitivamente das pexas de protectores, amos e mecenas, o escritor galego nace con obrigas e tamén sometido a unhas \"regras da arte\" derivadas da ideoloxía mesma que facía posíbel a existencia do campo cultural e literario.Como fixeron escritores e artistas para iren creando unha cerna importante de campo, de autonomía e de valores literarios? Neste libro reflexiónase sobre a relación en certo modo contraditoria entre ideoloxía, acción e autonomía da arte e trátase de analizar algunhas das solucións que o campo literario deu a este problema en dous momentos de renovación da súa historia: no contexto da xeración Nós e no contexto dramático do rexurdir da literatura galega baixo o franquismo da posguerra. Alén diso, trátase de demostrar como o escritor galego pode, sen renunciar ás leis literarias nin perder liberdade, utilizar o seu poder simbólico, como fixo Zola, e intervir no mundo social. O rol de escritores e artistas fronte á desfeita do \"Prestige\", ou ultimamente na defensa da lingua, mostrou moi claramente a súa forza social. Mais este poder simbólico, esta forza social só se consegue acadando primeiro a autonomía artística ao defender, fronte a todas as regras do poder, as regras da arte xeradas no campo literario \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 196\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  ANTÓN FIGUEROA LORENZANA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484874010 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 605355\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54306672017732,"sku":"9788484874010","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487401.jpg?v=1740088185","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/ideoloxia-e-autonomia-no-campo-lterario-galego","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}