{"product_id":"hotel-carioca","title":"Hotel Carioca","description":"\u003cp\u003e I PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE NOVELA 2022 Verán de 1982. Helena ten 13 anos e os domingos lelle á avoa as cartas que envía o seu tío favorito, Leandro, que marchou ao Brasil e xa nunca volveu. Un día chega unha que informa da súa morte nun accidente de tráfico en Río de Xaneiro. A familia sospeita que foi asasinado e fala con Helena para lle facer unha encarga insólita: deberá mantelo con vida para que a avoa non o saiba. Deste xeito, Helena escribirá esas cartas do Brasil e converterase nunha escritora precoz, construíndo unha realidade alternativa que nos descubrirá os misterios dunha morte inesperada e todos os silencios dunha familia tocada pola emigración e a desgraza. Hotel Carioca é unha novela múltiple que, coma unha matrioska, contén outras novelas que van dende unha de formación a outra psicolóxica, pasando mesmo por unha policial. Cun estilo lírico, áxil e envolvente, Antón Riveiro aborda temas como a homosexualidade e a súa aceptación, os coidados, a eutanasia, a emigración, a amizade, a descuberta da sexualidade e, sobre todo, o fantástico e intuitivo mundo da creación artística. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 594\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Riveiro Coello, Antón \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788411760492 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 889489\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54385784193348,"sku":"9788411760492","price":26.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841176049.jpg?v=1741031761","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/hotel-carioca","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}