{"product_id":"historia-de-galicia","title":"Historia de Galicia","description":"\u003cp\u003e A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia. O nacemento da moderna conciencia nacional galega, no século XIX, está estreitamente vinculado á elaboración do discurso histórico, que ao mesmo tempo é resultado da existencia da nación e elemento axente da súa configuración. Desde aquela altura ata hoxe o acervo historiográfico foise incrementando en cantidade e calidade científica, tanto en obras globais como en monografías, de divulgación ou especializadas. Focalizada desde unha perspectiva na que Galicia constitúe o seu propio centro, e cunha clara intención divulgativa, esta Historia de Galicia de Anselmo López Carreira recolle e sintetiza as achegas proporcionadas polo conxunto de historiadores que ofrecen ao país unha imaxe coherente de si mesmo e pretende ser un elemento útil na construción desta comunidade de convivencia que é a nación galega. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 331\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2016.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  López Carreira, Anselmo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491211242 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 505312\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47278034682180,"sku":"9788491211242","price":25.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121124.jpg?v=1739986447","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/historia-de-galicia","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}