{"product_id":"historia-da-literatura-galega-iv","title":"HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV","description":"\u003cp\u003e Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e que conta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I. Das orixes a 1853» (Xerais 2013);«Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento» (Xerais 2014);«Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades» (Xerais 2016), e «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975: A longa noite» (Xerais 2019).  En liña co labor anterior, o autor alicerza unha narración documentada da etapa que transcorre entre as tráxicas xornadas de xullo de 1936 e os últimos días de 1975. Trátase do período da «longa noite de pedra», a partir do célebre título de Celso Emilio Ferreiro, pero tamén, desde mediados dos anos 60 e ao longo da primeira metade dos 70, do momento en que se anuncia a alborada do Segundo Rexurdimento das nosas letras, que se habería de producir tras a fin da ditadura franquista e a restauración das liberdades democráticas en España. Corenta anos de sombras e de marxinación, pois, mais tamén corenta anos de loita, de esperanzas e de logros decisivos, alumeados polas luces escintilantes dalgúns dos nomes e dos textos máis significativos na traxectoria das letras de noso.  Percibir a obra literaria como parte dun organismo vivo, resultado da interacción constante entre a mobilización galeguista\/nacionalista e os proxectos dos diferentes autores;considerala nas coordenadas socioculturais e sociopolíticas;procurar a textualidade de cada creador;abordar o macrotexto que se conforma nas súas converxencias verticais e horizontais, todo iso determina a proposta que Xosé Ramón Pena leva a termo, alén de prexuízos e de clixés, ao longo destas páxinas. Sen dúbida, un percorrido a través dun tempo tan cheo de dificultades como fascinador. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 544\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2019.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Pena, Xosé Ramón \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491214816 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 650881\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54314779410756,"sku":"9788491214816","price":28.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121481.jpg?v=1740191329","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/historia-da-literatura-galega-iv","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}