{"product_id":"historia-da-literatura-galega-contemporanea","title":"Historia da literatura galega contemporánea","description":"\u003cp\u003e Día das letras galegas 2020 Entre 1808 e 1936, datas decisivas da historia peninsular e, polo tanto, da historia de Galicia, desenvólvese un ciclo da literatura galega que chamamos contemporánea, é dicir, que está ligada ás orixes da vida colectiva dos galegos durante os tempos actuais: séculos XIX e XX. Os acontecementos que marcan ambas as datas sinalan fitos que constitúen sinais de termo moi relevantes no devir histórico de Galicia. A literatura do país, directa ou indirectamente, é testemuño elocuente daquel acontecer. Desde os textos patrióticos e políticos do primeiro terzo do século XIX -que nas vellas formas do academicismo neoclásico e do popularismo ilustrado expresan as recentes ideas ou a oposición ás mesmas- ata as fórmulas vangardistas e as preocupacións polo destino da terra que bolen nos textos escritos nas vésperas xulianas, a lingua galega percorre un breve, pero esgrevio camiño, en procura da súa identidade literaria, ás apalpadelas de primeiras, descubrindo logo e loitando por asimilalos, os precedentes medievais, abalando entre o enxebre dialectalismo e a cobiza de xeneralidade, trompicando aquí, erguéndose alá, nun xurdio esforzo, as máis veces incontrolado, por atopar e rego e o enderezo que converta a fala espontánea en lingua de cultura. Este libro traza a hisotira desde esforzo, sen propósito de apoloxía, senón con ánimo de precisión. Está escrito con evidente amor á materia desde esforzo, sen propósito de apoloxía, senón con ánimo de precisión. Está escrito con evidente amor á materia que trata, pero este amor maniféstase na intención de ser verdadeiro, e non se confunde con ningún obxectivo de exaltación paracientífica. Unha suma benfaturenta de datos novos foi arrecadada para fornecer firmeza ás páxinas do volume, xa que en moitos aspectos o autor decruou as leiras que lle correspondía cultivas;polo que a obra é de investigación persoal máis que de síntese de traballos anteriores. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 896\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2020.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  SPA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Carballo Calero, Ricardo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491514213 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 709780\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54322887557444,"sku":"9788491514213","price":42.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849151421.jpg?v=1740317645","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/historia-da-literatura-galega-contemporanea","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}