{"product_id":"heredeiros-da-crus","title":"HEREDEIROS DA CRUS","description":"\u003cp\u003e Ordes, A Coruña, marzo de 2012. Na vila hai un especial rebumbio. É un lugar tradicional de marcha nocturna, pero hoxe non é un día calquera e o extraordinario movemento de persoas dá conta diso. Todas veñen cantando as mesmas cancións e no ambiente nótanse excitación e nervios. É unha peculiar peregrinaxe á que están convocadas dende hai meses. Nas redes sociais estendeuse unha mensaxe críptica a ollos profanos, pero evidente para os iniciados: «Volven os máis jrandes.» Un J que despexaba calquera dúbida.  Oito anos antes, Heredeiros da Crus anunciaran a súa separación. Atrás, trece anos de historia, oito discos e centos de concertos de tolemia, escándalos, diversión e moito rock'n'roll. Unha lexión de seguidores de toda Galicia quedaba orfa. O tempo pasou e, nas redes sociais, paseniñamente, medrou unha idea lanzada ao aire á que cada vez se uniu máis xente: QUEREMOS QUE VOLVAN OS HEREDEIROS DA CRUS.  Esta é a crónica de como o soño entolecido dun mariñeiro unha noite de marea rematou converténdose nun capítulo fundamental da historia do rock feito en Galicia. Unha viaxe que empeza a bordo dun pequeno pesqueiro, pasa por un galiñeiro e remata compartida en escenarios por milleiros de persoas. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 200\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2018.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Díaz Ageitos, Antonio \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491214304 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 623674\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54311064535364,"sku":"9788491214304","price":24.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121430.jpg?v=1740138515","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/heredeiros-da-crus","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}