{"product_id":"guia-dos-castelos-medievais-de-galicia","title":"Guía dos Castelos medievais de Galicia","description":"\u003cp\u003e Este libro, \"Guía dos castelos medievais de Galicia\", escrito por Ramón Boga, responsable do Museo de Cambre, convida a visitar os castelos e torres de Galicia, un dos máis importantes patrimonios do país e símbolo do poder feudal, sendo a súa historia é reflexo acaído do medievo galego. Na presente guía propóñese un percorrido fotográfico-histórico por aquelas fortalezas medievais galegas das que aínda fican en pé restos significativos ou susceptibeis de seren visitados, facendo unha somera referencia a aquelas que, aínda desaparecidas, posúen importancia histórica, engadíndose numerosas referencias ás murallas das vilas medievais ou ás torres illadas. O presente volume ofrece información práctica que lle indica ao viaxeiro como chegar a cada castelo, onde comer ou onde aloxarse na fin de semana (hoteis, turismo rural, campismo), e agrupa os castelos de cada zona para visitalos por itinerarios. Na provincia da Coruña propóñense tres vieiros: dende a Torre de Cela ao Castelo de Vimianzao, dende o Castelo de Moeche á Fortaleza da Mota de Ois e dende a Torre Figueroa de Abegondo a Torre de Xunqueiras. Na provincia de Lugo propóñense catro vieiros: dende o Castelo de Parga ao Castelo de Amarante, dende o Castelo de Taboada á Fortaleza de Sarria, dende o Castelo de Carbedo ao Castelo de Castroverde e dende a Fortaleza de Tovar en Lourenzá á Torre de Sobrada de Aguiar en Outeiro de Rei. Na provincia de Ourense propóñense catro vieiros: dende o Castelo de Vilamarín á Torre da Lamela, dende o Castelo de Maceda á Torre de Viana do Bolo, dende a Torre de Torán ao Castelo de Monterrei e dende o Castelo de Ribadavia á Torre de Milmanda en Celanova. Por último, na provincia de Pontevedra propóñense tres vieiros: dende a Fortaleza de Borraxeiros na Golada á Torre de Barciela en Forcarei, dende as Torres do Oeste ao Castelo de Soutomaior, e dende o Castelo de Monterreal ao Castelo de Sobroso en Mondariz. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 288\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2003.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Boga Moscoso, Ramón \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788497820356 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242925965636,"sku":"89294","price":33.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849782035.jpg?v=1697826674","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/guia-dos-castelos-medievais-de-galicia","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}