
Golfaróns de sangue
O escritor de Caldas de Reis, a través da súa longa actividade na Administración Local, profundiza nos campos de referencia, vencéllase coas situacións contextuais galegas, axeitadas para artellar media ducia de libros de contos e novelas. Este denso corpus narrativo, encetado hai un cuarto de século, coas arreguizadas historias do wolfram, chega arestora ao cumio con Golfaróns de sangue, novela alumeante, cheas de tensións lindeiras, dun tempo de vingas sanguentas e crimes arrepiantes.Fariña Jamardo adopta, nesta novela, unha estratexia complexa, anovadora. O discurso diexético artéllase sobre parámetros temporais dispares, e nárrase dende dúas perspectivas básicas. O autor consegue controlar a situación do axente, en doce escenas independentes, representadas cunha perspectiva externa, transmitida con formas verbais da terceira persoa do cronotipo pretérito. No mesmo espazo tópico, fumegante, da vella cociña aldeá, o derradeiro Xeitoso mantense omnipresente, ao longo da novela. As posturas acougadas, sentado na cadeira, a carón do remol cincento, trócanse nas accións kinésicas de erguerse, acadar a leña para avivecer o fogo, quentar e restregar as mans ateridas, diante das chamas, beber uns grolos de augardente"Benito Varela Jácome
Número de páginas: 246
Año de edición: 2024.0
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Idioma: GLG
Autor: Fariña Jamardo, Xoé
EAN: 9788484876649
Código interno: 955855
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
