{"product_id":"gal-o-que-ten-que-aprender-un-cempes-que-queira-ser-sabio-como-perico","title":"(GAL) O QUE TEN QUE APRENDER UN CEMPÉS QUE QUEIRA SER SABIO COMO PERICO","description":"\u003cp\u003e O primeiro día de escola é unha nova aventura na que se mistura expectación, nerviosismo e afán por descubrir cousas novas. Nesta historia, Perico está ansioso por aprender, pero non é quen de organizar a súa loxística diaria para chegar a tempo. O pequeno cempés decide pedirlle axuda á gata e á araña que, malia lle daren sabios consellos, non conseguen resolver o problema. Finalmente serán as formigas, nas que Perico non confiaba nun principio, as que lle axuden a atopar a solución. A aventura de Perico, para a autora e narradora Mercedes Carrión, é unha historia de ôsuperación e crecemento persoalö. O protagonista xa é sabio desde o momento no que asume o seu problema e decide poñer os medios para solucionalo, pois ten moi claro o seu obxectivo e non desiste no seu empeño. A súa constancia lévalle a resolver as dificultades, grazas á colaboración e o apoio das amizades. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 40\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  OQO \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  CARRIÓN, MERCEDES\/ CHESSA, FRANCESCA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498716962 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 873911\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54376870117700,"sku":"9788498716962","price":14.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849871696.jpg?v=1740921473","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/gal-o-que-ten-que-aprender-un-cempes-que-queira-ser-sabio-como-perico","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}