{"product_id":"fronte-da-arte","title":"Fronte da Arte","description":"\u003cp\u003e Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura do século pasado, con especial atención á produción do movemento renovador da arte galega que traballa nos anos vinte, no período republicano, na Guerra Civil e no exilio. Estúdase como a súa arte era conscientemente presentada desde posturas que reafirmaban o carácter conflitivo, denunciador da opresión ou reafirmador das imaxes, desde criterios sociopolíticos alternativos ao discurso dominante que deitaba o poder. Tiñan pois, un forte contido social e identitario, aparecendo os labregos como clase subalterna mais tamén o proletariado e o mundo fabril. As obras dos nosos pintores prodúcense, xa que logo, desde un coñecemento do representado, elaborando un discurso que non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa ?coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados ?realismo de entreguerras?. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade é unha das receitas;no caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco. A recepción posterior tópica da nosa arte só se pode entender por unha visión previa que le a produción galega desde un a priori que a reduce a imaxe costumista. Cómpre, pois, pensar a tradición artística desde nós. Pensar na lectura intencional do pasado máis tamén na lectura presente desde a pura visualidade e desde a posición actual da nosa nación, o que implica distintas posíbeis lecturas das imaxes, desemellantes mais non incompatíbeis. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 146\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2020.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  López Benárdez, Carlos \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484874652 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 703405\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54322674991428,"sku":"9788484874652","price":16.94,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487465.jpg?v=1740311108","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/fronte-da-arte","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}