{"product_id":"foulas","title":"Foulas","description":"\u003cp\u003e Manoel Antonio é o poeta galego da renovación, da modernidade e da vangarda. A súa obra está considerada un dos meirandes achados da poesía galega da primeira metade do século XX. O autor deixou este libro entre os seus inéditos e, posteriormente, Domingo García-Sabell incluíuno na súa edición da obra do poeta rianxeiro, publicada no ano 72 tamen por Galaxia. A colección Dombate recupérao para non perder unha obra que considera fundamental para un mellor coñecemento da poesía galega, unha obra que inflúe nos poetas de hoxe e configura unha poesía en continuo proceso de renovación e arrequentamento. A poesía de Manoel Antonio é coma unha fulguración, a loita do poeta cos límites da palabra. Foulas é un libro singular no que o autor comeza a experimentar coa disposición visual do texto en caligramas, no que xorde unha nova forma de concibir a paisaxe e que ofrece unha reelaboración orixinal da tradición popular.A obra de Manoel Antonio é unha das máis orixinais e anovadoras de toda a moderna tradición poética galega. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 1\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2004.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Manuel Antonio \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788482887272 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 35630\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47241924837700,"sku":"9788482887272","price":11.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848288727_eb9a9020-a6a3-4cd0-b72c-1c3eaf35aa9a.jpg?v=1739520477","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/foulas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}