{"product_id":"foula-e-ronsel","title":"Foula e ronsel","description":"\u003cp\u003e No prólogo da reedición de La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987), Ricardo Carvalho Calero manifestou que había que proxectar a atención sobre a historiografía da época enfrontando con método obxectivo as fontes documentais e as testemuñas presenciais. Iso fi xo a autora deste volume cando preparou a primeira edición deste libro, que obtivo o Premio Ánxel Fole en 1992. Ao material documental e gráfico proporcionado pola súa compañeira de vida Mª Ignacia Ramos Díez, totalmente inédito na altura, engadíronse valiosos testemuños de compañeiros e compañeiras que o coñeceron e trataron. A esas fontes uniuse a investigación da autora e a consulta exhaustiva de fontes hemerográficas para construír o espazo biográfico carvalhiano que abranxe de 1910 a 1941, un período crucial na súa formación e na súa vida, coa ditadura de Primo de Rivera, a República e a guerra (in)civil como pano de fondo;un período que se desenvolve en tres capítulos centrados na infancia e adolescencia no seu Ferrol natal, o primeiro;en Compostela e Ferrol, o segundo;e en Madrid, Valencia, Andalucía e Ferrol, o terceiro. As formulacións galeguistas, a escrita, a metodoloxía da obra investigadora, o polifacetismo enciclopédico, a actividade cultural do ferrolán teñen a súa orixe no tempo que antecede ao período bélico, etapa que conformou Foula o ronsel. Os anos que marcaron a biografía de Ricardo Carvalho Calero (1910-1941 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 206\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2020.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Marco López, Aurora \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484874713 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 706140\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54322756682052,"sku":"9788484874713","price":17.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487471.jpg?v=1740313633","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/foula-e-ronsel","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}