{"product_id":"fortunato-de-trasmundi","title":"Fortunato de Trasmundi","description":"\u003cp\u003e Fortunato de Trasmundi é a historia dun curioso personaxe dun fantástico país, o paraíso secreto das Sete parroquias, que sae a percorrer o mundo pola Galicia toda e, aquí e acolá, coñece tipos, historias e situacións que permiten ó autor a caricatura de todos nós, figuración e parodia do tempo e da sociedade que vivimos. O primeiro de maio en Vigo, un lingüista sabio en Compostela, a unidade sindical, as liortas do futbol, a economía sumerxida na confección, a memoria dos devanceiros, o alcalde de Lugo, cregos, xornalistas, estudiantes, pescadores nas Malvinas, corvos mensaxeiros e algunha meiga veñen e van por estas páxinas cun ritmo trepidante e a imaxinación desbocada. Os antigos príncipes ou señores da cabalería saían ós camiños a ver mundo e a iniciarse na vida. Así fai tamén Fortunato, que deixa o seu Cuspedriños secreto e anda o país identificando ós seus, habitantes misteriosos dun pobo misterioso. Velaquí unha historia fundamentalmente divertida, un divertimento que confirma no xénero da novela a quen todos recoñecen como un dos nosos primeiros poetas. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 240\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2006.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Cabana, Darío Xohán \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788497824385 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242895425860,"sku":"88754","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849782438.jpg?v=1697826410","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/fortunato-de-trasmundi","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}