{"product_id":"formigas-nos-pes","title":"FORMIGAS NOS PÉS","description":"\u003cp\u003e \" Formigas nos pés \" é un calidoscopio, a radiografía dese sentimento tan universal que é a dor producida por unha ruptura. A novela aborda o dó dunha muller que fica soa aos 50 anos e que debe reinventarse desde ese punto de devastación interna, a historia de alguén que inicia un arduo proceso para reconstruírse e para aprender a camiñar sen aqueles brazos que a sostiñan e que ela cría eternos. Esta é unha novela escrita cunha extraordinaria pulsión. É a historia de Eva, expulsada do paraíso, e de todas as Evas que foron, son e serán. A historia desas mulleres ás que a vida pon na difícil tesitura de aprender a dicir adeus.  Para a protagonista de \" Formigas nos pés \" , de súpeto, o mundo quedou sen luz. Decátase de que desapareceron as cores que gabeaban polas paredes, os aromas da cociña, as rutinas cómodas, a palabra amable, as arelas que debuxa o porvir. E descobre que se ergueron muros, enreixados, fronteiras, camiños de fuxida, torres vixía, voces de mando, reparos, berros, suspicacias. Ela sente a pel dura e o corazón de caramelo. O frío. A quebra. A ferida e o medo. Agóchase nos armarios e busca muletas, bastóns e candís que a guíen polos camiños dese mundo que de súpeto quedou sen luz. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 312\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2019.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  López, Nazaret \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491215936 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 683401\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54318751220036,"sku":"9788491215936","price":20.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121593.jpg?v=1740249084","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/formigas-nos-pes","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}