{"product_id":"fora-de-si","title":"FÓRA DE SI","description":"\u003cp\u003e Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal. Acaba de armar unha boa lea no hospital, a súa vida muda radicalmente e precisa da axuda urxente dun psicoterapeuta. O seu caso ten moito que ver coas relacións filiais e os conflitos coa autoridade e supón unha enorme carga moral nun momento en que rompe con todo o que o rodea. A de Ricardo Marzoa é, sen dúbida, unha historia conflitiva e chea de intriga que merece ser contada. Suso de Toro ofrece en \" Fóra de si \" unha narración memorable e sen concesións arredor da identidade familiar, da perda e da culpa, continuando a liña iniciada en obras fundamentais no seu catálogo como \" Calzados Lola \" , \" A sombra cazadora \" , \" Home sen nome \" ou \" Sete palabras \" . A agardada volta á novela dun clásico do noso tempo. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 224\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2018.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  De Toro, Suso \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491213147 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 591909\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47350246867268,"sku":"9788491213147","price":18.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121314.jpg?v=1740056564","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/fora-de-si","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}