{"product_id":"flor-de-vento","title":"Flor de vento","description":"\u003cp\u003e Xiana era unha fermosísima e moi nova flor dun xardín: unha margarida de pétalos azuis salferidos de pequenas pencas de cor laranxa como un capricho da natureza. As outras margaridas tíñanlle envexa. Estaba intrigada polo \"globo que dá luz\" e polo que podería haber máis alá do muro. Preguntoulle a unha bolboreta, mais ela estaba contenta entre tantas flores e nunca quixera saír do xardín. A andoriña Trilos contoulle que máis alá o mundo era moi grande, con moitas flores, ríos, montañas e o mar inmenso. E explicoulle que morrer é como o aire que leva dentro o globo dun rapaz: cando estoura segue existindo mais non se ve. Co inverno, Trilos marchou e moitas plantas murcharon coa xeada. Ela sobreviviu. Trasladárona para un balcón e un maceteiro, agochada do vento e da choiva. Alí, un vello xeranio explicoulle que non debe ter medo da abella, pois só busca o seu néctar e pole para fabricar o mel, mais si do escaravello, do que os libra a choiva artificial que a dona da casa lles botou por enriba. E comprendeu que a vida é unha morea de sucesos encadeados. Soubo logo que o manto branco de neve se vén no inverno non é malo, pero na primavera mata as flores, segundo lle explicou o xeranio. Na primavera chegaron novas flores e a andoriña Trilos, que lle explicou o nacemento da vida cando outra construía un niño no tellado para futuras crías. Viu logo viu ao pimpín facer o seu variado niño, do que o cuco se aproveitou metendo nel a súa cría... E un día que lle ían cambiar a terra do testo, aproveitou para pedirlle á andoriña que a levase con ela. Levouna voando moi alto, até as nubes. Sentiuse unha flor do vento. Pousouna logo nun val, nun oco, e co peteiro encheu as súas raiceiras de terra. A andoriña marchou de novo para Africa, mais cando volveu, atopou outra margarida igual á súa amiga: ela deixara no xardín o seu proxecto dunha nova flor. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 92\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2007.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  IR INDO \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Rivas, Lita \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788476805992 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 265030\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47274401136964,"sku":"9788476805992","price":11.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978847680599.jpg?v=1739734138","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/flor-de-vento","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}