{"product_id":"feminino-singular-en-plural","title":"Feminino singular, en plural","description":"\u003cp\u003e É ben sabido que a historia ten una débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito. É tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado. É tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza poética, vai por e para elas, mulleres pioneiras, valentes e loitadoras. Feminino singular, en plural é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentaren acadar unha sociedade máis afable, xusta e de igualdade entre mulleres e homes.   ***  Neste libro encontrarás unha serie de poemas biográficos, ilustrados por Laura Romero, dedicados a mulleres galegas singulares, que fixeron cousas moi importantes pero que foron ocultadas e silenciadas ao longo da historia, tamén outros nos que recorda as mulleres anónimas, as máis próximas a nós.  Poemas que comentan Sabela e Roi, unha nena e un neno coma vós, ás veces con sorpresa, porque non sabían dalgunha delas nin das súas vivencias e méritos malia os anos transcorridos. Animádevos a seguir a proposta de Concha Blanco e creade vós tamén unha biografía ou poema sobre mulleres que consideredes singulares, que pensedes deban ser coñecidas para divulgar o esforzo que realizan no seu ámbito de actuación. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 60\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2020.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  BAIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Blanco Blanco, María Concepción \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499953403 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 720398\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54323653181764,"sku":"9788499953403","price":14.35,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849995340.jpg?v=1740333676","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/feminino-singular-en-plural","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}