{"product_id":"faiscas","title":"Faíscas","description":"\u003cp\u003e Volume de xinea popular integrado por miúdas pezas de ourivería poética. Cada unha das composicións que conforman esta obra son á vez fráxiles e intensas, de xeito que sexan doadas de inxerir tanto pola sensibilidade coma pola intelixencia. O propósito é transportar o vagar que sucede á fereza da tempestade interior. Logo de os elementos se conxuraren en contra, despois de que a intensidade da febre do desacougo fose quen de abater o estímulo.O que fica son sensacións complexas nas que se mesturan a arela e o devezo canda o desvelo ou o arreguizo. No medio e medio da natureza máis propia, a vontade plena de ser procura faíscas que emitan unha imprescindíbel luz.Texto poético e imaxe plástica entretecen un xogo de olladas complementarias que proxectan agudas intermitencias de enerxía positiva que resultan de todo necesarias para lles facer fronte a algún dos máis rexos pesadelos da existencia. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 66\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Xoán Carlos Domínguez Alberte \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484876595 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 935724\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54397637460292,"sku":"9788484876595","price":11.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487659.jpg?v=1741174081","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/faiscas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}