{"product_id":"exhortacion-a-desobediencia","title":"EXHORTACIÓN Á DESOBEDIENCIA","description":"\u003cp\u003e Etica democrática e, na esquerda, ética de esquerdas. Fraternidade. Cooperación e non competición. República, democracia participativa, primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminación cara á independencia, socialización, home novo\/muller nova, nova cultura. Son os eixes reitores da \\\"Declaración de Láncara\\\", que Xosé Manuel Beiras debullaba ao recoller o Premio Ramón Piñeiro \\\"Facer País\\\" en outubro de 2005. Dalgún xeito as súas palabras constituíron unha especie de texto fundacional, o pórtico de valores que, na esfera política, levaron a Beiras en compañía de moitas e diversas persoas a saír a navegar en mar aberto, a poñer os alicerces dun movemento sociopolítico de novo deseño que, no eido da sociedade política, cristalizou na creación de Anova-Irmandade Nacionalista e da coalición Alternativa Galega de Esquerda. Entre medias, unha crise sistémica como pano de fondo, na que tanto os modelos de Estado das autonomías e de Estado social e de dereito, como o modelo de economía social e de mercado e o modelo europeo entraron en esclerose irreversíbel. Non abonda pois cunha simple alternativa política partidaria. Cómpre un movemento, non un partido, un proceso de mobilización da cidadanía do común, unha nova cultura política que practique a indignación e a desobediencia. Ao cabo, unha rebelión cívica organizada como pobo e como motor da emancipación cara a unha creba democrática co réxime existente, emanado da Segunda Restauración Borbónica. Cómpre reclamarmos o imposíbel: \\\"só é utópico aquilo que non se loita por acadar\\\". \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 118\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2015.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Xosé Manuel Beiras Torrado \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484872825 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 353434\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47278875935044,"sku":"9788484872825","price":14.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487282.jpg?v=1739841312","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/exhortacion-a-desobediencia","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}