{"product_id":"etceteramente","title":"Etceteramente","description":"\u003cp\u003e Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística e revolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, a directora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto co demo, unha seita literaria que se rexe polo libro «De catro a catro»... «Etceteramente» é un disparate absoluto: indescritible, indefinible, inexplicable, imperdoable... Unha homenaxe ao poder creativo da literatura. Estamos ante un cóctel literario de preguntas: quen escribe , quen le , para que , como , que «Etceteramente» é un artefacto inacabado que nunca terá un punto final porque continuará noutros libros escritos por outras escritoras e escritores e outras lectoras e lectores. Mais tamén encarna unha tristura e unha esperanza, a tristura dos solitarios que nos refuxiamos na literatura en busca dun acougo e a esperanza de que a literatura nos provexa dun fogar: un espazo de dúbida e contradición, de crítica, de reflexión, de rebeldía contra nada, de espellos rotos, unha ventá ao mundo... Un fogar de portas abertas. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 496\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2022.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  De Toro, Xelís \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788411102278 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 853426\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54372644782404,"sku":"9788411102278","price":25.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841110227.jpg?v=1740834974","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/etceteramente","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}