{"product_id":"estudos-ibericos-posibilidades-e-limites","title":"Estudos Ibéricos. Posibilidades e límites","description":"\u003cp\u003e Este libro pretende contribuír ao desenvolvemento duns estudos ibéricos críticos co apoio de metodoloxías innovadoras. De inicio, informa sobre a emerxencia dos estudos ibéricos como perspectiva investigadora e presenta un balance dos seus operativos e axendas. O obxectivo é activar unha reexividade crítica atenta ás potencialidades dos estudos ibéricos sen desatender os seus condicionantes históricos, xeopolíticos, institucionais e simbólicos. O capítulo máis extenso céntrase no estudo das revistas culturais, sector onde adoita pensarse que xermina a produción literaria dunha época. A das revistas constitúe unha esfera de atención que nos últimos anos ampliou a súa proxección da man dos Media Studies e os Periodical Studies. Examínanse así as mediacións e transferencias político-culturais entre Galiza e Cataluña nas revistas do período de entreguerras, con atención preferente á dialéctica centro-periferia, ás redes literarias ou á intervención de gatekeepers e outros mediadores. Aténdense así mesmo dúas cuestións previas: que é unha revista literaria e como pode analizarse. Os dispositivos metodolóxicos aquí empregados para o estudo das revistas evidencian utilidade para calquera outro obxecto de investigación situado na modernidade ou na posmodernidade e considerado baixo o prisma dos estudos ibéricos. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 158\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  ANDAVIRA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Casas, Arturo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788412940206 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 994388\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54405529174340,"sku":"9788412940206","price":18.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841294020.jpg?v=1741287087","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/estudos-ibericos-posibilidades-e-limites","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}