{"product_id":"espanois-todos","title":"Españois todos","description":"\u003cp\u003e Neste libro o escritor Suso de Toro, recente Premio Nacional de Narrativa 2003 por Trece badaladas, pon as cartas sobre a mesa para reflexionar sobre temas políticos e sociais da maior actualidade. E faino desde un punto de vista persoal e como un acto cívico, con argumentacións cargadas de enerxía para volver a defender a democracia contra os que a queren desfacer desde dentro. Este libro propón unha idea de nación de cidadáns e de España totalmente distinta á dominante, construída sobre o nacionalismo \"castellanista\" que chegou a nós directamente dende o franquismo. Unha España europea posible, e necesaria, na que convivan cidadáns e nacións. O autor parte da convicción de que Galicia (e Cataluña e Euscadi) precisa constituírse plenamente en nación que conta con poder político para saír do atraso e solucionar os seus problemas profundos. Estes textos son parte dun combate cívico a prol da permanente utopía democrática, impregnada de memoria republicana e federalista, que permita construír un novo espazo político de convivencia. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 160\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2004.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  De Toro, Suso \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788497820899 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 88957\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54257034690884,"sku":"9788497820899","price":21.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849782089_9dfdb4b6-40a5-4fa7-b302-520dea00bc64.jpg?v=1739526582","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/espanois-todos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}