{"product_id":"entremes-galego-ao-feliz-e-real-parto-da-nosa-raina-1707","title":"Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707","description":"\u003cp\u003e O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña é obra de Salvador Francisco Roel. Foi representado na Coruña en 1707 e impreso en Compostela entre 1708 e 1712. Trátase dunha obra de teatro breve en verso na que participan seis personaxes populares: tres homes e tres mulleres. Estes reciben a nova, que despois celebran, do nacemento do príncipe herdeiro de Felipe V (o futuro Luís I) no contexto histórico da Guerra de Sucesión. O exemplar foi descuberto recentemente por Julio González Montañés dentro do campo das súas investigacións sobre o teatro en Galicia dos séculos XVI ó XVIII.A pesar da súa brevidade, o interese histórico, lingüístico e literario da obra é extraordinario, dado que se trata do primeiro libro impreso en galego coñecido, o que retrotrae en cen anos a aparición da obra impresa en galego. Este dato cronolóxico por si só xa supón a necesidade dunha reformulación historiográfica dos denominados Séculos Escuros. Ademais de ramo momentáneo de outras importantes exhumacións do XVIII, o Entremés de Roel resulta unha peza clave para establecer unha especie de tradición literaria, aínda que feble, no campo do teatro galego durante este período. Escrita nun galego rico e coidado, é unha obra que cómpre situar no contexto propagandístico do teatro e festas felipistas da Galicia de 1707, pero non exenta tampouco de certas críticas e do humor inherente ó xénero. Os seus valores históricos, lingüísticos e literarios son abordados aquí respectivamente por Julio González Montañés, Ramón Mariño Paz e Anxo Angueira. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 186\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Salvador Francisco Roel \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484874577 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 679887\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54318497464644,"sku":"9788484874577","price":17.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487457.jpg?v=1740243613","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/entremes-galego-ao-feliz-e-real-parto-da-nosa-raina-1707","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}