
En vías de extinción
Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas. Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico chamado a cambiar o humus da forma máis discreta pero imborrable posible, invocando a revolución de ser quen se é sen compromisos, a través de batallas sen reféns, e poñendo o que se pensa sempre por diante. Un día, o seu traballo como intérprete fai que a súa traxectoria se cruce coa da cantante de máis éxito do momento. Daquela, todas as certezas que ela manexara semellan estar en perigo. Ou, se cadra, é nesa intersección que de súpeto atopa onde as súas pólas de montañesa políglota e viaxada poden chegar ao máis fondo do ceo. En vías de extinción é unha novela que fala dos mundos que esvaecen pero aínda están aí, das persoas que loitan por mantelos e por transformalos dunha maneira única. En vías de exntición é unha novela escrita como as vetas das árbores que, dun xeito innovador, nos deixan percorrer das pólas ás raíces. Eis a diversidade cultural, as fendas entre a vida rural e urbana e o potencial de conxugar todas as marxes para facer delas o centro da vida propia.
Número de páginas: 400
Año de edición: 2012.0
Editorial: XERAIS
Idioma: GLG
Autor: Reimóndez, María
EAN: 9788499143828
Código interno: 240652
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
