{"product_id":"emilia-pardo-bazan-e-galicia","title":"Emilia Pardo Bazán e Galicia","description":"\u003cp\u003e Emilia Pardo Bazán amou Galicia apaixonadamente, entregándose en corpo e alma á súa terra, con toda a forza do seu xeneroso corpo e con todos os folgos do seu espírito magnánimo. Reflectiu esa paixón polo país ao longo de toda a súa extensa obra literaria, ensaística e xornalística, universalizando as nosas grandes urbes marítimas e as pequenas vilas mariñeiras, os nosos profundos vales e fermosas rías, toda a tipoloxía humana e a morfoloxía natural, a paisaxe e a paisanaxe galegas. Prestou particular atención, como modelo do seu adiantado feminismo, á labrega galega, exemplo de muller empoderada. Coincidindo co seu centenario (1921-2021), faise necesario reafirmar a condición galega da autora de Los Pazos de Ulloa e o seu compromiso irrenunciable coa terra que a viu nacer e que ela contribuíu a dar a coñecer en Europa e en América. Nas súas novelas e contos foi quen de converter a realidade galega do seu tempo en mito universal, como farán Rosalía e Curros, Valle, Castelao, Cela, Torrente ou Cunqueiro.  Non se cinxe só á súa cidade natal ou á veciña Sada onde tiña a súa residencia estival;a cabeza e o corazón de Emilia Pardo Bazán abranguen Galicia enteira, dende as Mariñas coruñesas ata a comarca do Ribeiro do Avia e o Miño, dende Santiago de Compostela a Celanova, as Rías Baixas e as Rías Altas. Como afirma axeitadamente Ramón Villares, nada de Galicia lle era alleo, e iso reflíctese tanto no conxunto da súa obra como na realidade da súa vida. A escritora coruñesa participou activamente no movemento rexionalista galego, ao que fixo importantes achegas, pero o seu rexionalismo é esencialmente cultural e literario, non político. No seu pensamento, Galicia é unha terra privilexiada e diferente dentro da gran nación que é España. Chegou a recoñecer para Galicia a condición de nacionalidade, pero advirte que o protonacionalismo rexionalista pode levar ao separatismo, que ela rexeita abertamente. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 248\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2022.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  HERCULES EDICIONES \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Paz Gago, José María \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788418966316 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 804411\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54365511319876,"sku":"9788418966316","price":24.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841896631.jpg?v=1740750864","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/emilia-pardo-bazan-e-galicia","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}