{"product_id":"elmer-e-wilbur","title":"Elmer e Wilbur","description":"\u003cp\u003e Elmer contara coa axuda de Wilbur para atopar un osiño perdido nunha das anteriores aventuras deste simpático personaxe multicolor;agora é Wilbur quen necesita que o seu curmán o saque dun apuro, algo no que van colaborar de xeito entusiasta outros elefantes. Velaquí un novo relato cheo de amizade, tenrura, ledicia, empatía, solidariedade e axuda colectiva, e tamén moito humor. Porque se Elmer se caracteriza por ser traste, Wilbur é outro trangalleiro. Por iso dar con el convértese en toda unha peripecia: non está onda o tigre, nin no tobo dos coellos e tampouco é súa a imaxe que se reflicte na superficie do lago? a voz de Wilbur escóitase por todas partes, pero non hai nin rastro del a pesar de que o seu aspecto é tan chamativo como o do seu curmán. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 32\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2021.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  KALANDRAKA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  McKee, David \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788413430591 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 744583\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54329782600004,"sku":"9788413430591","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841343059.jpg?v=1740414996","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/elmer-e-wilbur","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}