{"product_id":"duas-letras","title":"Dúas letras","description":"\u003cp\u003e Esta edición inclúe o DVD (cos seus extras en forma de entrevistas con director, guionista, primeira actriz, making off, localizacións?), o texto literario, e dous traballos sobre a emigración galega a América, a cargo de Víctor F. Freixanes, e outro sobre a correspondencia entre as dúas beiras atlánticas escrito por Francisco Castro. Dúas letras gravita en torno a carta que non dá chegado, a misiva do fillo que está na emigración, pelexando co destino e a sorte, e a nai que espera a chegada da carta que lle dará, ademais de novas, algo de esperanza. Os autores foron quen de construir unha historia visualmente moi poderosa, rodada en branco e negro para suliñar a viaxe no tempo que nos propón, chea de tenrura e dureza. Un poema cinematográfico que está a engaiolar alí onde é representada. A xeira de recoñecementos comezaba no Festival de Cine de Bueu-2011, onde era galardoada co Premio do Público. Neste 2012, no cada día máis prestixioso festival de Cans, Dúas letras obtiña tres premios dos grandes. Por unha banda, os veciños déronlle o premio como Mellor Curtametraxe de Ficción, segundo recolle a acta: \"porque é unha historia do mundo rural moi próxima coa que todos nos sentimos identificados. Tamén pola súa delicadeza ao presentar o sufrimento dunha nai que espera as cartas do seu fillo e porque todos coñecemos a historia dunha carta que estivemos esperando e nunca chegou\". Igualmente, recibiu o premio do público á mellor curtametraxe de ficción, e, para rematar, un dos máis cobizados: o Premio do xurado á mellor interpretación feminina, dotado co Can de Pedra a Teresa Fraga, a protagonista. Segundo sinalou o xurado: \"por ser un traballo veraz e emotivo. Nunca unha carta non escrita foi tan ben lida\".A película de Eloy Varela, e máis o texto literario de Fina Casalderrey que a inspirou \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 48\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2012.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Casalderrey Fraga, Fina;Varela Caseiro, Eloy \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498654325 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 239573\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47272718172484,"sku":"9788498654325","price":21.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849865432.jpg?v=1739720033","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/duas-letras","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}