{"product_id":"doutor-zhivago","title":"Doutor Zhivago","description":"\u003cp\u003e Publicada por vez primeira, e traducida en Italia en 1957, Doutor Zhivago pasa por ser a obra máis mítica da literatura rusa do século XX. A súa publicación non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro da soviética Perestroika, e o seu autor tivo que rexeitar o premio Nobel (1958) por presións das autoridades soviéticas, o que, xunto coa maxistral adaptación cinematográfica de David Lean, non fixeron máis que engrandecer este mito. A inesquecible paixón entre Yuri Andréyevich e Larisa Fiódorovna baixo o estrondo da vella Rusia imperial que se esboroa, cativou milleiros de lectores e lectoras en numerosas linguas, e agora por fin o fai tamén na nosa. Desde a Primeira Guerra Mundial, a Revolución rusa de 1917 e a posterior Guerra Civil de 1918 a 1920, acompañamos a Yuri e a Lara nos seus encontros e desencontros nos tempos incertos e terribles que lles tocou vivir. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 724\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Pasternik, Borís \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788411761857 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 936045\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54397689004356,"sku":"9788411761857","price":34.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841176185.jpg?v=1741174811","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/doutor-zhivago","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}