
DOCE CARTAS A MARÍA VICTORIA MORENO
Doce cartas a María Victoria Moreno (da autora Ánxela Gracián) é unha biografía novelada narrada por un dos seus personaxes máis entrañables, o lobo Garimoso, ese que no seu libro Mar adiante pasa varias noites coa nena Mariquiña sen papala porque ela o soñou bondadoso, por primeira vez dende que el ten memoria, e quen sabe se para sempre! Fascinado por esa nova vida de lobo que non se ve na obriga de comer carapuchiñas, Garimoso inicia a lectura de todos os libros de María Victoria Moreno, tanto os escritos por ela como os que sobre ela se escribiron e, logo do mergullo nesa lectura fascinante, decide mandarlle estas doce cartas nas que percorre a vida e obra desta interesante escritora galega a pesar de nacer en Estremadura. Así, rememoraremos a súa infancia como paraíso perdido;as vivencias da mocidade e as aspiracións desta estapa;a súa concepción da docencia na que defende un ensino responsable e respectuoso que introduce os afectos na aula, así como os gustos e as inclinacións;as lecturas;os gozos;a lealdade eterna aos amigos e aos mestres -aos de de papel e os de carne e óso-, a teimosía;o sentido épico da vida e, finalmente, a escrita como único exorcismo ante a dor de sabernos perecedoiros. Partindo dunha documentación verificable e de feitos efectivamente acontecidos nun tempo e nun espazo, o libro achéganos ?cunha narración áxil e imaxinativa na que destacan os diálogos divertidos que atraerán ao público infanto-xuvenil? á vida auténtica e ao legado literario da escritora María Victoria Moreno, galega de sentimento e de adopción dende que veu vivir a Galicia a mediados dos anos 60 e asumiu a súa lingua como propia, sendo o galego dende entón a lingua coa que falou co mundo e contribuíndo co seu traballo incansable á consolidación da literatura e a cultura de noso.
Número de páginas: 144
Año de edición: 2018.0
Editorial: HERCULES EDICIONES
Idioma: GLG
Autor: Gracián, Ánxela
EAN: 9788494777066
Código interno: 598073
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
