{"product_id":"dicionario-dos-seres-miticos-galegos","title":"Dicionario dos seres míticos galegos","description":"\u003cp\u003e O «Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ao tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes achegas ao patrimonio cultural galego nos últimos anos. Nas 710 entradas das que consta o «Dicionario dos seres míticos galegos» pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras;entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade;roubar o peite da moura;recoller carbóns que se convertan nun tesouro;sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos;durmir con Pedro Chosco;ter medo da estadea;fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña. O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a raíña Lupa;asaltará casas con Pepa a Loba;beberá na fonte de Ana Manana;voará con meigas, chuchonas e nubeiros;correrá sete parroquias cos lobishomes;verá como Deus crea demos e anxos;asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios;navegará no bergantín pantasma;andará os camiños coas ánimas da Compaña;tremerá na noite ao escoitar o paxaro da morte;enfrontarase co can negro, co lobo branco, coa peregrina, coa zarrulada, co urco e coa pastoriña;visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, pozos piagos e entradas do inferno, camiños ao alén e cabos do mundo;coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Mariamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco;lerá «O Ciprianillo» e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas:\u003c\/strong\u003e 280\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAño de edición:\u003c\/strong\u003e 2022.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e  Cuba, Xoán R. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEAN:\u003c\/strong\u003e  9788411100724 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCódigo interno:\u003c\/strong\u003e 791000\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54829691732292,"sku":"9788411100724","price":39.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841110072.jpg?v=1747077158","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/dicionario-dos-seres-miticos-galegos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}