{"product_id":"dias-que-non-foron","title":"Días que non foron","description":"\u003cp\u003e O xornalista que levanta acta da peor das mareas negras, o adolescente que se converterá no caddie preferido daquel Franco que ía xogar ao Club de Golf da Zapateira, o escuro funcionario de xulgado que necesita descargar a conciencia cinco décadas despois da hecatombe dun verán terribleà Este libro convoca oportunidades perdidas, mesmo a dun tiranicidio;borras e rescaldos da memoria, individual e colectiva;arelas cun pé no éxito e o outro na decepción;segredos que non morrerán gardados, ou sarillos de soños que son a mellor vitamina na existencia dos seres anónimos. A fin, estamos ante un monllo de historias que lle propoñen ao lector o desafío de explorar as topografías da conduta humana. Esta vez e sempre, entre as cousas que están sendo e os días que non foron. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 144\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2013.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Rei Núñez, Luís \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499145297 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47275913806148,"sku":"280298","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849914529.jpg?v=1698480996","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/dias-que-non-foron","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}