{"product_id":"dias-felices-con-fabia","title":"Días felices con Fábia","description":"\u003cp\u003e Días felices con Fábia é unha historia de sedución e enganos que transcorre no Porto. Un realizador de televisión en horas baixas chega para facer un documental sobre a acuicultura dos polbos e coñece a Fábia, unha bióloga que vai remover case todo na súa vida. As historias de amor empezan sempre cunha mentira. Sabémolo, e facemos coma se non o soubésemos. Deixamos que todo siga o seu curso, porque nos satisfai a eficacia das nosas trampas ou porque admiramos a arte das mentiras alleas, como pasa nos espectáculos de maxia. A graza do asunto é que sempre vivimos o amor coma se fose o sentimento máis auténtico. O protagonista vai anotando no seu caderno curiosas historias reais de mentireiros falsificadores e doutros trampulleiros notables que nos axudan a saber algo mais sobre el mesmo e as súas circunstancias. Amor, mentiras e melancolía. Tamén unhas pingas de humor, habituais na obra de Xosé Cermeño, para unha historia diferente. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 238\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Cermeño, Xosé \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788411760324 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 887599\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54385653645636,"sku":"9788411760324","price":21.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841176032.jpg?v=1741028682","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/dias-felices-con-fabia","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}