{"product_id":"dias-de-cuba","title":"Días de Cuba","description":"\u003cp\u003e Cincuenta anos despois da súa primeira chegada á illa, Xosé Neira Vilas volve a aqueles Días de Cuba desde a lembranza. Viaxaba entón na compaña de Anisia Miranda. Neste libro, que publica Editorial Galaxia, o autor de Memorias dun neno labrego evoca aquel \"fervoroso tramo\" da súa existencia. De 1961 a 1992, Xosé Neira Vilas reside en Cuba. Trinta e un anos vividos día a día, intensamente, procurando achegar o seu modesto gran de area ao erguemento dunha nova sociedade e á construción dun novo Estado, dúas empresas que nas circunstancias históricas e incluso xeográficas daquela illa só podían levarse a cabo con moito fervor e tenacidade. Nestas páxinas, as lembranzas cubanas artéllanse arredor de catro eixos. O primeiro destes eixos narrativos está dedicado aos diferentes labores profesionais desenvolvidos polo escritor;desde alfabetizador e xornalista a tradutor e sindicalista, de miliciano a alumno e mestre. O segundo ordena o relato destas lembranzas polas súas relacións de amizade con, entre outros, escritores coma Nicolás Guillén, Alejo Carpentier e Roberto Fernández Retamar. O terceiro foco artéllase a partir das \"Cartas (máis ou menos intemporais) a Luís Seoane\", mentres que o cuarto dá paso aos «Homes na Historia»: José Martí, Ernesto Che Guevara e Fidel Castro. Péchase o libro cos apartados de \"agradecemento a Cuba\" e cos discursos do escritor na Universidade da Habana e na de Santiago de Compostela, o primeiro con motivo do seu doutoramento Honoris Causa e este último no acto da súa condecoración coa medalla Alejo Carpentier da República de Cuba. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 412\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2014.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Neira Vilas, Xosé \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498655230 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47276597215556,"sku":"307264","price":28.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849865523.jpg?v=1698498788","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/dias-de-cuba","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}